jueves, 17 de diciembre de 2009

Viaxe a Grecia


Hola, como pode que non saibades, os alumnos de Filosofía Bilingüe do I.E.S. Campo de San Alberto están (estamos) preparando unha viaxe a Grecia. A mesma, terá lugar xusto despois dos exames de selectividade para que non nos prive de estudiar (si, como oídes, estudiar).
O caso é que temos aínda a viaxe polos pelos, non temos feito case nada. Por eso mesmo pensei en usar o meu blog para que todos os que teñan pasado por Grecia poidan darnos algúns detalles e recomendarnos sitios interesantes. Se ése e o voso caso, podedes escribilo nun comentario máis abaixo.
Tamén aproveito para poñer o anuncio de que é provable que poñamos a vender camisetas e outras cousas, polo que os que queiran facer pedidos, tamén poden polas mesmas vías que antes. Como non temos as camisetas preparadas, non podo poñer fotos delas, pero sei o deseño que decidimos. A definitiva parece ser unha que está no libro de Philosophy Files, que usamos o ano pasado e parte de este ano. A imaxe está no visor de imaxes que ten o blog.